Este mes comezamos co xadrez na biblioteca; para iniciarnos e que sexa máis doado temos nos ordenadores os xogos instalados para competir con eles ou con outro compañeiro/a. Ó premer sobre a peza indícache tódolos posibles movementos que pode realizar, e para os que prefiran no método tradicional teñen disponible un taboleiro coas pezas.
Etiquetas
animación á lectura
arrugas
avós
axudantes
bat pat
bibliotecas solidarias
cancións
cantigas de berce
carnés
concurso
contacontos
contos
cuarto
curtas
decoración
día do libro
dinamización
ditos
emocións
empréstitos
entrevistas
escritura
familias
geronimo stilton
infantil
mascota
medo
música
ordenadores
película
primeiro
proxecto
quinto
recomendacións
refráns
relatos
saída
samaín
segundo
sexto
terceiro
tradición oral
xadrez
xogos
domingo, 30 de noviembre de 2014
O SAMAÍN
No Samaín tivemos uns estantes con selección de libros de medo e decoración realizada polo noso alumnado.
OS NOSOS AXUDANTES/AS
No mes de Outubro, co motivo do días das bibliotecas fixemos unha reunión cos alumnos/as de 4º,5º e 6º para escoitar as súas propostas de mellora para a nosa biblioteca, así como solicitar a súa axuda para realizar distintas tarefas: decoración, elaboración dos novos carnés, realizar empréstitos e devolucións na hora do recreo e preparar contacontos para os nenos/as doutras aulas. Estes rapaces tan fantásticos xa se puxeron mans á obra:
BENVIDOS/AS Ó BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA
Este curso comezamos con algunhas novidades na nosa biblioteca e ésta é unha delas: O NOSO BLOGUE...Aquí poderedes ver tódalas actividades que estamos a levar a cabo neste espazo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)