miércoles, 17 de diciembre de 2014

ISAAC E O VIOLÍN DESAGRADECIDO

A nosa mestra de música fixo un contacontos musical: Isaac e o violín desagradecido .Qué bonito foi poder escoitar o violín soando na nosa biblioteca!!! queremos máis Neli!!!!









CONTACONTOS DOS MAIORES

Os maiores do cole prepararon un conto con moita ilusión para os nenos de Infantil: Sal do cascarón, pitiño!!! Os nenos/as de infantil estiveron moi atentos á historia desta galiña e o seu ovo. Nagore, Aitana e Jenny fixérono SUPER BEN!!!! Gracias rapazas, estamos impacientes polo seguinte










A OUTRA HISTORIA DO LOBO FÉROZ


A mestra Mariajo fixo unha estupenda sesión de contacontos para os nenos /as de Infantil e 1º: unha historia dfierente: Por qué o lobo era malo cos 3 porquiños. Pasamos un rato moi divertido na biblio.







martes, 2 de diciembre de 2014

OS CONTACONTOS DE SEXTO

Catro alumnos de sexto prepararon un conto para os nenos e nenas de Infantil...Aquí podedes ver algún momento:












lunes, 1 de diciembre de 2014

GERÓNIMO STILTON

Coñeces o club de Gerónimo Stilton? Podes facerte socio e recibirás un carné, participar na súa páxina web mandando chistes, refráns.. participar en concursos, coñecer as últimas novidades e xogar a moitos xogos con este rato e a súa familia; Compróbao premendo na imaxe


BAT PAT

Sabiades que o morcego Bat Pat ten unha páxina web onde podedes ver debuxos, xogar a xogos e coñecer todos os seus libros? Premede na imaxe


A NOSA PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS

Durante este curso teremos varias sesións de contacontos realizadas por todos aqueles membros da comunidade educativa que queiran participar: para dar exemplo, comezamos os mestres/as do centro.

Esta sesión foi dirixida ó alumnado de 1º,2º e 3º de primaria e os contos foron:
Imos cazar un oso e Garavanciño.







TRADICIÓN ORAL GALEGA


Dende o equipo de Biblioteca xunto co equipo de Normalización pedímos a vosa colaboración para realizar unha recompilación de cantigas de berce, refráns, ditos, e cancións da tradición oral galega, co obxectivo de dalo a coñecer ó noso alumnado.
Se coñecedes algún , pregámosvos que os deixedes nunha caixa  que teremos entre o ximnasio e o faladoiro