martes, 12 de mayo de 2015

O LIBRO DOS REMEDIOS CASEIROS


Gracias as familias, puidemos elaborar este libro que contén  remedios caseiros,  algún deles moi curiosos e que descoñeciamos, se queredes velo premede na imaxe e vos levará a él, ou se preferides podedes consultalo na nosa biblioteca.



https://drive.google.com/drive/folders/0B8icsKAjp3b1fmQyZ1NJejFmSGVjQm55QW42dVBMTE9qWk54b1ViVy00UVN5MTlRanVUN1E
preme na imaxe para ir ao libro dos remedios caseiros

lunes, 4 de mayo de 2015

ESTA É A NOSA NOVA MASCOTA


DÍA DO LIBRO

Durante este mes, centrámonos nos nosos maiores: fixemos de reporteiros coas entrevistas aos nosos avós, elaboramos as súas biografías, fixemos un concurso de relatos con esta temática e tamén, gracias as familias unha exposición con utensilios, xoguetes e aparatos doutra época, e os máis pequenos trouxeron unhas emotivas fotos onde podemos ver cómo os avós e avoas lles len os contos.
O día do libro, entregamos os agasallos aos gañadores do concurso de relatos e ao creador da nosa nova mascota. Un mes intenso, pero pagou a pena. Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración!!!



 PREME NA IMAXE

 preme na imaxe















Entrevista de Dari

Dari entrevistou á súa avoa e está claro quén é a xornalista...

 

viernes, 17 de abril de 2015

Entrevistamos aos nosos avós e avoas

Xa temos as primeiras entrevistas dos reporteiros/as do colexio: Gabriel, Leire e Lucas fixéronlle unhas cantas preguntas aos seus avós, que podedes mirar nos vídeos. Queremos agradecer a tódalas familias a enorme participación neste proxecto e especialmente aos avós e avoas do noso alumnado.




Relatos de 4º

Neste enlace deixamos os relatos que realizaron os alumnos/as de 4º. Non vos marchedes sen votar!!!!

  RELATOS 4º


Se ti les, él le




UP

Os nenos e nenas de Educación Infantil estiveron a ver a a película de Up : a fantástica relación interxeneracional dos protagonistas, a amizade, o Amor, conseguir os soños da nosa vida, o traballo en equipo,valentía, e respeto son algunhas das cousas que quedan reflexadas neste filme tan encantador.








CONCURSO RELATOS 6º

Lede os relatos creados polos alumnos/as de 6º e votade:

RELATOS 6º


CONCURSO DE RELATOS DE 5º

Aquí podedes ver os relatos que fixeron os alumnos/as de 5º de primaria. Animádevos a votar e elexir a un gañador:


 RELATOS 5º

 

lunes, 30 de marzo de 2015

lunes, 23 de marzo de 2015

OS MÚSICOS DE BREMEN

Algúns dos voluntarios da biblioteca prepararon unha representación " Os músicos de Bremen". Menudos artistas , gracias rapaces por compartila co resto dos compañeiros/as e mestres.



lunes, 16 de marzo de 2015

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Nesta ocasión os nenos e nenas da aula de 4 anos prepararon a historia da "Mosca Chosca " e a representaron en dúas ocasións na nosa biblioteca na hora de lectura: para os nenos de infantil e para os de 1º e 2º de primaria.


Salón do Libro en Pontevedra

Aínda podedes visitalo: hai actividades de contacontos, teatro, obradoiros, exposicións... non perdades  a oportunidade... Ata o 28 de marzo!!!!


VISITA Ó CENTRO DE DÍA " OS AVÓS "


Os nosos voluntarios/as de 5º e 6º foron visitar aos maiores do Centro de Día " Os Avós" para representar dúas obras que estiveron preparando con moito agarimo: " Os músicos de Bremen" e " Quitalobos". Os avós máis eles tamén cantaron xuntos. Pasaron un ratiño moi entrañable!!!













Algúns contos de pais




CONTACONTOS NA BIBLIO

Noelia contounos a historia de Nadarín cuns efectos moi especiais!!!







PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Dentro do programa de voluntariado da biblioteca, os nenos e nenas de 2º a 6º encárganse de ler aos de infantil e primeiro. Cada neno/a ten un padriño ou madriña que unha vez á semana baixa lerlles á aula. Están emocionados con esta actividade, e a verdade é que impresiona a adicación e preparación duns, e a atención e a escoita dos outros.


CONTOS SOBRE EMOCIÓNS


domingo, 11 de enero de 2015

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

O noso centro é un dos 21 colexios participantes de Pontevedra no Voluntariado de Lectura ,que está incluido no proxecto de Bibliotecas Solidarias da Consellería de Educación.
Un grupo de rapaces e rapazas de 5º e 6º, que forman parte dese equipo serán os que levarán a cabo actuacións altruistas relacionadas coa nosa biblioteca: lectura de contos, apadriñamento lector, reparación de libros, empréstitos e devolucións e lecturas ós nosos maiores no Centro de Día.
Nestes tempos de crise temos que aproveitar os nosos recursos humáns e materiais para facer o noso día a día moito máis entretido á vez que abrimos as nosas mentes e corazóns.
NORABOA CHICOS!!!!