domingo, 11 de enero de 2015

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

O noso centro é un dos 21 colexios participantes de Pontevedra no Voluntariado de Lectura ,que está incluido no proxecto de Bibliotecas Solidarias da Consellería de Educación.
Un grupo de rapaces e rapazas de 5º e 6º, que forman parte dese equipo serán os que levarán a cabo actuacións altruistas relacionadas coa nosa biblioteca: lectura de contos, apadriñamento lector, reparación de libros, empréstitos e devolucións e lecturas ós nosos maiores no Centro de Día.
Nestes tempos de crise temos que aproveitar os nosos recursos humáns e materiais para facer o noso día a día moito máis entretido á vez que abrimos as nosas mentes e corazóns.
NORABOA CHICOS!!!!

OS TRES PORQUIÑOS

Os nenos e nenas de 4º de primaria prepararon o conto " os tres porquiños" para os máis pequenos: música, rimas,decorado e interpretación ....MENUDOS ARTISTAS!!!
Deixamos un pequeno momento para que poidades disfrutalo: